45 anos de música, festa e lume!

Desde 1980 o Festival Irmandiño é un referente na programación musical galega

XLV edición os días 16, 17 e 18 de agosto de 2024, faltan...

  • 00Días
  • 00Horas
  • 00Minutos

AS ORIXES

O Festival Irmandiño nace no ano 1980 Concello de Moeche, un municipio que naquel momento rondaba os 1500 habitantes e que, dende entón, non deixou perder poboación.

A iniciativa foi dun grupo de veciños e veciñas, concienciados da necesidade de reivindicar a música, a cultura e a historia de Galicia a través dun recurso capital no noso municipio: o Castelo de Moeche.

ASALTO Ó CASTELO

Con este acto conmemórase a toma do Castelo por parte dos Irmandiños para rematar cos abusos feudáis. Todos os participantes, armados con fachos, arrancan dende o campo do festival e coa súa chegada á fortaleza da lugar a queima do Castelo con lumes de artificio.

A MÚSICA

Nestes 45 anos de historia, pasaron polo Festival Irmandiño máis de 140 grupos representativos do mellor do folk galego, español e europeo, entre outros: Milladoiro, Luar na lubre, Doa, Brath, Xacarandaina, Susana Seivane, Xocaloma, Llan de Cubell, Mollar-Pellen, Den, Xose Manuel Budiño, Berrogüeto, Cempés, Mick O’Brien Band, Mercedes Peón, Muxarega, Fuxan os ventos, Gordon Duncan, Oskorri, Quempallou, Leilía, Tejedor, Ophiusa, Lamatumbá, Saraibas, Fred Morrison & Matheu Watson, Sés, Bastards on parade, Banda Crebinsky…

©A.C. Irmandiños de Moeche | Sitio implementado por GNOMIO